Galego Español
Benvidos

Benvidos a Nogueira de Ramuín. Tratamos de achegar o concello a tódolos usuarios e dar a coñecer a nosa terra valéndonos das posibilidades que brindan as novas tecnoloxías , vital para o desenvolvemento social, económico e cultural do momento que vivimos.

Novas
 

Maios 2012

O sábado 5 de maio, celebrouse en Luintra a festa dos Maios 2012. O Concello pretendía con este evento impulsar e recuperar esta festa tan celebrada na provincia de Ourense. Na praza de Luintra expúxose un circuíto explicativo da devandita festa, usando como soporte dos carteis explicativos unhas enxebres e fermosas pezas artesáns, así como raíces naturais. Ademais, amosouse un maio tradicional, cunha forma que lembra a un monte e cores propias da primavera, e un maio artístico, que representaba un fermosísimo hórreo. Este último foi realizado polos nosos maiores da residencia, e pon de manifesto un enorme traballo, arte e ilusión por parte dos seus creadores. Finalmente, cantáronse as coplas tan propias desta celebración.

telf: 988 20 10 23 · fax: 988 20 11 20
info@nogueiraderamuin.com · aviso legal · deseño Redegal
Xunta de Galicia            Valid XHTML 1.0 Transitional    ¡CSS Válido!